logo universidade logo citi
 

microscopio

CITI

 

A misión do CITI é o desenvolvemento do I+D+i nas empresas.

O Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI), é un novo centro creado pola Universidade de Vigo en colaboración coa Xunta de Galicia no 2005.

O CITI busca potenciar o desenvolvemento do I+D+i nas empresas, mediante a creación de espazos de colaboración para favorecer e transferir coñecemento dende a Universidade ao tecido empresarial a través do desenvolvemento de proxectos conxuntos de I+D+i relacionados co ámbito agroalimentario,biotecnoloxía, enerxía, medio ambiente e tecnoloxías da información.

A estrutura do CITI e a súa ubicación no parque Tecnolóxico de Galicia (TECNOPOLE), facilita a transferencia das tecnoloxías desenvolvidas no Campus de Ourense. O edificio é un elemento nuclear para a realización das tarefas de investigación, innovación e   transferencia do coñecemento do Campus Ourensano, onde a Universidade relaciónase coas empresas e desenvolve proxectos conxuntos a partir da transferencia do coñecemento adquirido, onde xorden ideas innovadoras sobre as que construír novas empresas.

O CITI está composto por catro edificacións cilíndricas e unha nave. Entre os catro módulos cilíndricos albérganse un total de 11 laboratorios, 3 plantas técnicas e a oficina de proxectos de I+D+i do Campus de Ourense.

Como apoio a labor investigativa e a transferencia de coñecemento aos sectores produtivos, o CITI conta tamén cunha planta piloto.

................

MISIÓN
................


Transferir coñecemento desde a Universidade ao tecido empresarial a través do desenvolvemento de proxectos conxuntos.

Ser fonte de ideas innovadoras a partir das cales construír novas empresas.

Crear coñecemento a partir da investigación.

tableta

lapiz

"Ideas innovadoras sobre as que construír empresas"

 

SERVIZOS

 PLANTA PILOTO

A planta piloto perfílase como un dos servizos máis importantes que ofrece o CITI, poñendo a disposición das empresas e grupos de investigación interesados un amplo equipamento orientado aos ámbitos agroalimentario, medioambiental e  biotecnolóxico.  

ver máis

lupa

GRUPOS DE INVESTIGACIÓN

Desde o CITI podemos crear grupos de investigación aplicada a diferentes áreas coma microbioloxía, química agricola, biotecnoloxía ou informática aplicada.

ver máis

cabeza

OFICINA DE PROXECTOS

Creada co fin de prestar apoio técnico e administrativo na xestión de proxectos de I+D+i aos investigadores do CITI e ao resto do persoal científico do Campus de Ourense.

ver máis

I+D+i

 O CITI colabora con outras institución e grupos de traballo no desenrolo de proxectos de I+D+i, destacando entre outros o Proxecto Real e o Proxecto Labmat

 O Proxecto Real ten por obxecto desenvolver unha rede para compartir recursos, información e coñecemento para fomentar a innovación no sector agroalimentario (Rede de Innovación Alimentaria Norte de Portugal - Galicia). Neste proxecto proponse a creación formal dunha Rede de Cooperación ao nivel da innovación, a creación dunha base tecnolóxica para apoiar á Rede e a difusión de información, investigación e transferencia tecnolóxica.

O proxecto LABMAT “Laboratorio de materiais avanzados sostible”, ten por obxecto paliar as carencias do CITI en equipamento destinado á produción e avaliación de novos materiais avanzados de carácter biodegradable, capacitándolle para actuar de modo autónomo, de maneira que poida constituírse como un centro de referencia para a investigación, o desenvolvemento, a transferencia e a innovación neste campo.

 

 

ver máis

 

edificio

DESCARGA

libreta

NORMATIVA

Normativa de funcionamiento interno do centro de investigación, transferencia e innovación.

ver máis

descarga

FORMULARIOS

Solicitudes de acceso á planta piloto, parque tecnolóxico, rede de datos... ver máis

carpeta


MEMORIAS

Descarga de memorias anuais 2009-2012

ver máis

CONTACTO

Avenida. Galicia Nº2
Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnólope)

San Cibrao das Viñas
32900 Ourense

¿Cómo Chegar?

1. Dende Renfe:
Tomar o bus Anpian Tecnópole - Renfe na parada
frente a estación na Avenida de Marín.

 2. En coche:
Pola autovía A52> Saída 210 (dende Vigo) ou
224 (dende Madrid)> Incorporarse á N525 na saída de
Seixalbo, dirección Polígono indistrial de San Cibrao.
Coordenadas:
Norte: 42º 15’ 16’’
Oeste: 7º 48’ 19’’

3. Dende o Campus universitario:
OU-536 en dirección a Pobra de Trives>
Incorporarse á OU-537 en dirección Polígono
Industrial de San Cibrao

Nome 
E-mail 
Asunto 
Mensaxe 
    

 

 


Ampliar

"

Copyright © 2013  |  CITI - Centro de Investigación, Transferencia e Innovación de Ourense  |  Todos los derechos reservados