Dous graos da Facultade de Ciencias de Ourense, Enxeñería Agraria e Tecnoloxía dos Alimentos, destacan no ranking mundial de universidades.

Dous graos de Ciencias destacan no ranking mundial de universidades. Enxeñería Agraria e Tecnoloxía dos Alimentos despuntan na listaxe de Shanghái.

A listaxe por disciplinas recolle cales son as 500 mellores universidades en cada campo seleccionado. Este ano, como novidade, incluíu os campos de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Ciencias Agrícolas. Así, en Ciencias Agrícolas sitúase nos postos 301-400, mentres que en Tecnoloxía dos Alimentos está entre as posicións 51 e 75 do mundo, un resultado moito máis que positivo para un centro académico relativamente pequeno.

Ligazón á noticia