Desenvolven unha crema solar con auga termal e pebidas de bagazo

Desenvolven unha crema solar con auga termal e pebidas de bagazo co obxectivo de valorizar os recursos hídricos e os residuos vitivinícolas.

Nos últimos anos, investigadoras dos departamentos de Enxeñería Química, Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde e de Química Analítica e Alimentaria da Universidade de Vigo, con Herminia Domínguez, María José Pérez e Elena Falqué á cabeza, veñen desenvolvendo diferentes proxectos nos que se aborda a valorización tanto das augas mineromedicinais de Ourense como de residuos forestais e agroalimentarios a través da elaboración de produtos cosméticos. Un dos últimos avances acadados neste eido foi a recentemente realización con éxito de cremas solares con augas dos principais mananciais termais ourensáns e cun extracto de pebida de bagazo de Mencía.

Ligazón á noticia