Científicos do campus de Ourense estudarán como previr as inundacións na conca do Miño-Limia

O Proxecto RISC Miño-Limia, aprobado pola Unión Europea o pasado 5 de maio, ten como obxectivo o deseño dun conxunto de medidas orientadas á preparación, prevención e unha mellor xestión da demarcación hidrográfica internacional do Miño-Limia. Estas medidas están encamiñadas a mitigar os efectos dos fenómenos extremos, inundacións ou secas, co ánimo de mellorar na xestión dos recursos naturais tendo en conta a necesaria adaptación ao cambio climático.

Ligazón á noticia.