11ª Conferencia de Usuarios da Rede Española de Supercomputación en Santiago de Compostela o 28 e 29 de setembro.

A Rede Española de Supercomputación (RES) organiza anualmente unha reunión de usuarios para informar sobre as novidades da RES e achegar información de interese sobre os métodos de acceso aos recursos da RES e de PRACE (Partnership for Advanced Computing in Europe). Esta xornada é un espazo de encontro para todos os usuarios, os técnicos de apoio, o comité de acceso e o comité de usuarios. Ademais, organizáronse sesións científicas paralelas e unha sesión de pósteres para dar difusión dos resultados máis relevantes dos proxectos de investigación de usuarios. O organizador local da xornada é a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA)

A 11ª Conferencia de Usuarios da RES celebrarase conxuntamente coa 6ª Reunión do HPC Advisory Council. Este evento ten como obxectivo promover a interacción entre as empresas e organizacións que traballan en tecnoloxías HPC cos usuarios finais, e abarca un amplo rango de intereses e temáticas como Deep Learning, Aprendizaxe automática, Exascale Era, Big Data, etc. Incluirá sesións técnicas, científicas e esponsorizadas.

Máis información