Luz verde á construción da fábrica de Goodleit en Curtis

As obras na planta procesadora de leite iniciaranse de inmediato para que funcione a finais do 2018.

A industria centrarase na elaboración e comercialización de ingredientes funcionais e nutricionais de alto valor engadido, dedicados á industria clínica, dietética, deportiva e infantil, así como á industria agroalimentaria en xeral. A nave da madrileña Goodleit, ademais, caracterizarase polo seu compoñente innovador e contará cun departamento propio de I+D. Ademais, colaborará cos centros tecnolóxicos de Galicia e as universidades galegas para proxectos de investigación concretos.

Máis información