A Universidade de Vigo consigue tres dos sete proxectos seleccionados na primeira edición do Programa Ignicia

Biofast, liderado polos investigadores Pío González, Julia Sierra e Stefano Chiussi; XHS Platform de Fernando Aguado, Arno Formella, Ricardo Tubío, Alberto González e Diego Nodar e UbiSmart, promovido por Felipe Gil, Francisco Javier González, Raja Bose, Jaime Loureiro, Carlos Pérez e Jorge Fontenla, son os tres proxectos da Universidade de Vigo que, tras ser sometidos a unha avaliación exhaustiva, tanto dos seus aspectos técnicos, como de viabilidad económica e comercial, foron seleccionados nun proceso no que participaron expertos de Oxford University Innovation, referente mundial no ámbito da transferencia de tecnoloxía, e que lles permite pasar á fase de elaboración do plan de desenvolvemento e comercialización para a súa proposta á fase de investimento.

Enlace á noticia