En busca do viño máis saudable. Terras Gauda e o CSIC potencian as propiedades beneficiosas dos viños galegos.

En busca do viño máis saudable. Terras Gauda e o CSIC potencian as propiedades beneficiosas dos viños galegos.

Un proxecto pioneiro realizado nas colleitas de albariño, caíño branco e loureiro, desde o ano 2015, polo departamento de investigación de Terras Gauda e o CSIC, demostra que, de forma natural, pódese potenciar a concentración de flavanoles extraídos da uva, de probado efecto beneficioso para a saúde humana, xa que actúan como antioxidantes e antiinflamatorios en diversas patoloxías relacionadas con trastornos do metabolismo.

Carmen Martínez, investigadora do CSIC e directora do grupo de viticultura da Estación Biolóxica de Galicia aínda vai moito máis alá cando engade que «existen estudos que nos din que as catequinas e epicatequinas, que atopamos nestas uvas, teñen efectos a nivel de enfermidades como o Alzheimer, problemas cardíacos, Parkinson, diabetes e mesmo efectos moi interesantes como antitumorais e antimetastásicos.

Máis información