Galicia ultima un sistema de alerta por mortaldade masiva de bivalvos.

Galicia ultima un sistema de alerta por mortaldade masiva de bivalvos. O mecanismo avisará se hai subidas ou baixas bruscas de salinidade e de temperatura.

Galicia non se quedou á marxe deses sinais que o cambio climático está a lanzar ao planeta. Esta longa tempada sen choiva é unha delas. Porque as precipitacións nesta nova era climatolóxica tenden a concentrarse, de forma que a mesma ou similar cantidade de auga que antes caía ao longo de todo un ano agora faio nun par de meses. Tamén as ondas de calor, cada vez máis frecuentes e intensas, constitúen outro dos indicios de que o tempo está a mutar. A temperatura da auga, a maior acidez do mar, o menor afloramiento… Todo iso estase notando en Galicia. E nada diso é bo para os bivalvos e, polo tanto, para o marisqueo.

Constatárono investigadores da Facultade de Ciencias do Mar de Vigo e da Universidade de Carolina do Sur no marco dun estudo internacional financiado pola axencia estadounidense NASA (National Aeronautics and Space Administration) e a NSF (National Science Foundation) e que, coa colaboración de catro confrarías galegas estudaron os efectos do cambio climático nos invertebrados mariños.
Gonzalo Macho, investigador do equipo vigués que dirixe Elsa Vázquez, contou nunha xornada organizada pola Federación Galega de Confrarías o resultado deses experimentos, que constataron a extrema sensibilidade da ameixa babosa, a elevada debilidade da fina tras a desova, a extraordinaria resistencia da japónica e os portentos dos que é capaz o berberecho, que a estas alturas ninguén se explica como non está xa desaparecido.

Máis información.