Os investigadores do campus de Ourense, Jacobo Troncoso e Claudio Cerdeiriña, participan no libro da Royal Society of Chemistry referente en propiedades enerxéticas.

Jacobo Troncoso e Claudio Cerdeiriña achegan estudos sobre diferentes aspectos dos líquidos.

A Royal Society of Chemistry, sociedade científica do Reino Unido referente no eido das ciencias químicas, vén de publicar o libro Enthalpy and internal energy: liquids, solutions and vapours. Nel, recóllense artigos de científicos e científicas de 14 países sobre propiedades enerxéticas de líquidos, disolucións e gases co obxectivo de ser a publicación de cabeceira para alumnado, persoal investigador e calquera persoa involucrada neste campo de interese. Dous dos 23 capítulos do libro contan coa autoría de profesores da Universidade de Vigo, concretamente dos físicos Jacobo Troncoso e Claudio A. Cerdeiriña, que abordaron nas páxinas desta obra diferentes aspectos dos líquidos iónicos e dos líquidos asociados por pontes de hidróxeno.

Máis información