A astrofísica viguesa Begoña Vila gaña o premio Wonenburger

É unha das principais responsables do telescopio «James Webb», que será o substituto do «Hubble»
É astrofísica especializada no estudo das galaxias espirais e recentemente foi premiada pola NASA coa medalla que concede ás persoas que contribúen de maneira relevante á misión da axencia espacial norteamericana. Desde onte, a viguesa Begoña Vila é tamén premio Wonenburger. Así o decidiu onte o pleno da Unidade de Muller e Ciencia, presidido polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que desta maneira recoñece o seu labor científico. Vila Costas é unha das principais responsables do telescopio espacial James Webb, que será o substituto do Hubble, e lidera un equipo composto por máis de mil persoas que xestiona un orzamento de 9.500 millóns de euros.

Máis información.