Un galego, mellor científico de datos de España

O científico galego Antonio Vidal foi premiado por Dátaos Science Awards 2017 polo seu proxecto de algoritmos para predicir o prezo de poxa dun servizo na nube co obxectivo de reducir custos na contratación de maneira automática. Vidal, enxeñeiro de telecomunicacións, pola Universidade de Vigo, da compañía SIVSA con máis de 17 anos de experiencia no sector TIC, convértese así no mellor científico de datos de España no 2017.

O premio recoñece así o que a compañía considera «o papel fundamental do científico de datos á hora de establecer novas estratexias de negocio baseadas nas enormes posibilidades que o Big data ofrece e que están a producir xa un cambio de paradigma empresarial e social».

Máis información