Un investigador do Campus de Ourense participa nun proxecto internacional sobre o fin do Período Húmido Africano. O Sáhara deixou de ser verde de forma “abrupta e simultánea” hai 5500 anos

Un grupo de investigadores de varias institucións europeas, entre os que está o físico da Universidade de Vigo Luis Gimeno, veñen de facer público en Nature Communications un estudo no que se argumenta por primeira vez que o remate deste último Período Húmido Africano se produciu de forma “abrupta e simultánea” hai arredor de 5500 anos como consecuencia do arrefriamento que tivo lugar nas latitudes altas e medias do planeta.

Máis información