O grupo EPhysLab do Campus de Ourense participa no proxecto AQUADAPT do Campus do Mar financiado pola Fundación Biodiversidade

O proxecto AQUADAPT “Plan de Adaptación do sector da acuicultura mariña española ao cambio climático”, liderado polo Campus do Mar, ten como fin principal contribuír á adaptación do sector da acuicultura mariña (rodaballo, dourada e robaliza) para os efectos do cambio climático no territorio nacional. AQUADAPT conta coa participación de Universidades e entidades empresariais do territorio nacional como a Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela, o Cluster de Acuicultura de Galicia e o Centro Tecnolóxico de Acuicultura de Andalucía.

O vindeiro martes, 28 de novembro 2017, terá lugar no Campus Universitario de Vigo, Edificio Miralles, Salga 1, a Xornada de presentación do Proxecto AQUADAPT.

Máis información