Grupo de investigación de Aerobiología e Apicultura do Campus de Ourense participa no Grupo Operativo Supraautonómico VITICAST

VITICAST, un grupo operativo supraautonómico do que o Grupo de investigación de Aerobiología e Apicultura forma parte, ten como finalidade a optimización da produción e o desenvolvemento sustentable do cultivo da vide a través dunha solución para predicir enfermidades fúngicas, mediante a medición a pé de parcela da concentración das esporas dos principais fungos que afectan os viñedos e a creación dunha ferramenta de aviso de posibles infeccións que combina parámetros climáticos, as fases do desenvolvemento da viña e a cantidade de esporas que son necesarias para que se produza a infección.

A finalidade última é reducir o número de tratamentos antifúngicos no viñedo para lograr unha maior calidade do viño e minimizar a incidencia da aplicación de fitosanitarios no medio ambiente.

Máis información.

Ligazón á resolución do MAGRAMA