A Universidade de Vigo prepara o lanzamento do seu próximo satélite ” Lume 1″

Esa próxima aventura, bautizada co nome de Lume 1, espérase con especial interese, tendo en conta que entre as súas funcións figura a de contribuír a lograr unha maior eficacia na detección temperá de lume e, por tanto, na loita contra os incendios forestais. A actuación, enmarcada dentro do proxecto europeo Fire- RS, combina o uso do satélite con sensores, situados estratexicamente en terra, e drons. Entre o Xatcobeo e o Lume l, os investigadores vigueses non estiveron de brazos cruzados. Boa proba diso foron o Humsat D (2013) e o Serpens (2015).

Máis información