O laboratorio de Filoxenómica da Universidade de Vigo únese a unha rede europea de investigación contra o cancro

O Laboratorio de Filoxenómica, liderado polo catedrático vigués David Posada e con sede no Cinbio–Centro de Investigación Biomédica da Universidade de Vigo-, participará a partir do vindeiro mes de xaneiro nunha rede internacional Marie Curie (ITN or Innovative Training Networks) para a formación de novos investigadores en oncoloxía computacional. Trátase dunha plataforma internacional conxunta que reúne investigadores de alto prestixio de diferentes países da Unión Europea, entre eles dous españois: o propio David Posada e Nuria López-Bigas, do Instituto de Investigación Biomédica de Barcelona.

Máis información