Científicos do Campus de Ourense participan no desenvolvemento dun «deterxente» que elimina o glute dos alimentos

O Centro de Tecnoloxías Avanzadas para a Industria Mariña e Alimentaria traballa coa Universidade e unha empresa de pratos preparados para salvar riscos nas fábricas.

O traballo sobre esta substancia pegañenta que codirige María José Chapela, responsable da división de Saúde e Nutrición no Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria ( Cytma), ten como obxectivo eliminar riscos nas fábricas á hora de producir alimentos, eliminando tanto patóxenos como alérxenos. No centro do campus vigués están a desenvolver un higienizante encimático. Trátase dun proxecto que están a implementar conxuntamente coa Universidade de Vigo. Están a estudarse encimas para ver como son capaces de eliminar o glute no laboratorio. Estas incorpóranse a un deterxente e neutralizan a proteína. Unha vez que se seleccionaron as máis adecuadas para esta tarefa compróbase a súa eficacia na planta de fabricación experimental.

Máis información