Próxima convocatoria Conecta Peme 2018. Taller de presentación en Ourense

O programa Conecta Peme, destinado a financiar proxectos empresariais de I+D+i en cooperación entre empresas, publicarase previsiblemente durante a próxima semana no Diario Oficial de Galicia (DOG). Porén, xa están dispoñibles na nosa páxina web as bases da convocatoria así como o calendario cos talleres de presentación que se celebrarán nas catro provincias galegas.

O taller de presentación da nova convocatoria Conecta Peme 2018 en Ourense terá lugar na sede da Confederación Empresarial de Ourense (Praza dás Damas, nº 1) o venres, 16 de febreiro de 2018 de 10 a 11:45 horas.

Máis información

Información Talleres de Presentación