FIPSE subvenciona con 52.000 euros dous proxectos galegos de innovación sanitaria

Un estuda biomarcadores non invasivos para o diagnóstico do cancro colorrectal e o outro é un programa ” online” dirixido a pacientes con trastornos mentais severos

A Fundación para a Innovación e a Prospectiva de Saúde en España ( FIPSE), que preside o Ministerio de Sanidade, concedeu unha axuda de case 52.000 euros para o estudo de viabilidade de dous proxectos galegos de Innovación en Saúde, no marco da IV Convocatoria FIPSE de Financiamento de Estudos de Viabilidade das Innovacións en Saúde, correspondente a 2017, á que se presentaron un total de 107 solicitudes procedentes de entidades ligadas a hospitais de toda España. A subvención, concedida a fondo perdido, permitirá analizar a viabilidade comercial destas iniciativas para materializarse en produtos ou servizos aplicables no Sistema de Saúde.

Ligazón á noticia