O Aquae Talent Hub chega o 15 de marzo a Ourense

O salón Marie Curie do Campus acollerá o 15 de marzo a oitava edición de Aquae Talent Hub, unha xornada que contará coa participación de Pablo Martínez Ruíz da Árbore, físico e científico sénior do Instituto Tecnolóxico de Zúric ( ETH), responsable da master class, e coa experta en ” design thinking” Irene Lapuente, condutora do taller.

Na súa clase maxistral, Pablo Martínez Ruíz da Árbore explicará como se foi avanzando no coñecemento das partículas que forman o Universo e como os físicos estruturan o seu pensamento, deseñan e os seus experimentos.

Este evento está impulsado por Viaqua, Fundación Aquae e a UVigo. É gratuíto, aínda que se require reservar praza na súa web.

Ligazón á noticia