Seminario Probióticos e Nutracéuticos de Orixe Mariña Aplicados á Acuicultura. Estado da arte.

O vindeiro venres 15 de marzo, o Centro Tecnolóxico do Mar CETMAR, en estreita colaboración coa empresa BIALACTIS BIOTECH SL, organiza un seminario que leva por título Probióticos e Nutracéuticos de Orixe Mariña Aplicados á Acuicultura. Estado da arte.
O rápido crecemento que o sector da acuicultura tivo nos últimos anos foi posible grazas á implantación de técnicas de cultivo intensivas que xeraron problemas de tensións e enfermidades nas especies cultivadas. As limitacións no uso de antibióticos e o fomento dunha acuicultura sustentable han potenciado solucións alternativas baseadas no uso de probióticos e nutracéuticos. Precisamente aqueles de orixe mariña son o motivo e obxectivo deste seminario.
No Díptico adxunto atopará información pormenorizada sobre as temáticas para desenvolver e sobre a identidade dos relatores, todos eles con longa e acreditada experiencia e traxectoria profesional neste ámbito.
As instalacións de CETMAR acollerán esta xornada, sendo a asistencia gratuíta. Se desexa inscribirse “pique” na seguinte ligazón.