Os Hubs de Innovación Dixital, mellor instrumento para desenvolver o ecosistema innovador galego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou hoxe en Santiago que os Hubs de Inovación Dixital, a nova ferramenta prevista no Plan Galicia Innova 2020, será o mellor instrumento para desenvolver o ecosistema innovador galego, durante a xornada Hubs de Innovación Dixital.

Os obxectivos que se perseguen son adaptar as características do tecido galego a unha especialización nos sectores estratéxicos, potenciar a incorporación de tecnoloxías facilitadoras e impulsar o potencial innovador das pemes.

Conde presentou os Hubs como punto de encontro entre a empresa, a investigación e o financiamento e avanzou que se configurarán como ventanillas únicas de servizos das que se beneficiarán todos os axentes implicados xa que, entre outros, poderán acceder a facilidades para incorporar tecnoloxía, apoio na planificación e acceso a investimentos, servizo de mentoring especializado, axuda para o emprendemento ou formación. Ademais, os centros de coñecemento participantes ofrecerán as súas infraestruturas e capacidades para o lanzamento de proxectos piloto ou demostración de novas tecnoloxías. “A empresa protagonizará o desenvolvemento de novas tecnoloxías e teremos a capacidade de desenvolver novas solucións innovadoras a través da carteira de servizos que ofrecerán estes Hubs”, afirmou.

Ligazón á noticia