Convocada a IV Edición do Programa de Bolsas de Verán do CiQUS

Tras tres edicións previas en 2015, 2016 e 2017, as CiQUS SUMMER FELLOWSHIPS chegan un ano máis para ofrecer 15 bolsas de investigación a estudantes de grao con experiencia en Química ou estudos relacionados, dotadas con 750 € por un período de 5 semanas (ou o importe proporcional en función da duración da estancia), así como unha axuda económica para os gastos de viaxe. Grazas a estas axudas, os alumnos terán a oportunidade de realizar prácticas formativas de iniciación á investigación da man de equipos científicos de excelencia, nunhas instalacións de primeiro nivel.

Para concorrer a estas bolsas, os candidatos deben estar matriculados nun dos dous últimos anos dos seus estudos de grao (Química e afíns) e superar 140 créditos, cunha nota media igual ou superior a 8 puntos sobre 10.

Máis información en CiQUS Summer Fellowships 2018