Ciclo CyberCoruña 2018. Actualidade Europea en Ciberseguridade: Da formación ao usuario.

O venres 6 de abril, CyberCoruña ofrecerá a visión dos principais actores no eido da ciberseguridade a nivel europeo en canto a formación, investigación e recursos humanos altamente cualificados, así como as oportunidades de desenvolvemento e innovación nos programas europeos máis competitivos.

Esta xornada está cofinanciada coa axuda obtida pola Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, por medio da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI), no Programa Redes y Gestores do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.

Ligazón ao evento.