Aquadapt, co apoio da Fundación Biodiversidade. Efectos do cambio climático no sector da acuicultura.

Proseguen os traballos para a identificar as principais medidas de adaptación da acuicultura ao cambio climático.

Realizar unha posta en común do borrador do informe de diagnóstico sobre os efectos do cambio climático no sector da acuicultura. Este é o principal obxectivo co que este xoves se reuniron na sala 1 do edificio Miralles os socios de Aquadapt, un proxecto liderado polo Campus do Mar, que conta co apoio da Fundación Biodiversidade, do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e cuxo obxectivo principal é afondar no coñecemento do impacto do cambio climático na acuicultura para poder así deseñar accións de adaptación dirixidas a diminuír a vulnerabilidade do sector e aumentar a súa resiliencia.

Máis información