Comer medusas para salvar aos peixes

A proliferación de medusas levou a expertos en conservación mariña a animar aos británicos para consumilas.

A FAO xa advertiu que a proliferación destes organismos é unha ameaza seria para a pesca, á vez que animaba ao home para converterse nun depredador da medusa da mesma forma que o é da sardiña, a pescada ou dese animal de morfoloxía tan parecida: o polbo.

Os chineses, xaponeses ou coreanos xa as considerasen un elemento básico da cociña asiática.

Quen as probe din que as augamares saben a iso, a auga de mar. A alga forte. Non falta quen sinala que cando se cociñan endurécense lixeiramente, polo que poden ser aptas para os fish and chips británicos. E hai en Dinamarca investigadores que desenvolveron unha forma de elaborar chips de medusa cunha textura crujiente.

Aínda hai outra forma de depredar a medusa. Propona a mesma FAO e consiste en desenvolver produtos a base de augamares para a medicina. E é que este invertebrado de corpo brando e xelatinoso posúe unha inxente cantidade de coláxeno, o que o fai apto para a fabricación de cremas cosméticas. Non queda aí a cousa. O descubrimento da medusa inmortal (Turritopsis nutricula), que é capaz de reverter o seu propio proceso de envellecemento -cando alcanza a súa madurez pode regresar a forma de pólipo para volver ser adulta tantas veces como queira-, encerra a promesa do desenvolvemento de produtos de rexuvenecemento de gran alcance para os seres humanos.

Algúns expertos falan de «un cambio de réxime global, dun océano de peixes a outro de medusas», no que estas últimas substituirían aos peixes debido ao quecemento global.

Ligazón á noticia