O CSIC convoca 200 bolsas de introdución á investigación no marco do Programa “Xunta para a Ampliación de Estudos” (JAE)

Estas bolsas están destinadas a alumnos que vaian realizar o Traballo de Fin de Grao ( TFG) ou o Traballo de Fin de Máster ( TFM) no curso académico 2018-2019 e a titulados que finalizasen os seus estudos para partir do curso 2016-2017.

A finalidade deste programa é a iniciación na carreira científica nas diferentes áreas, mediante estancias de trescentas horas a gozar dentro do curso académico 2018-2019, a realizar en meses consecutivos nun período máximo de catro meses en Institutos e Centros do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), propiciando unha aproximación ao coñecemento dos problemas científico-técnicos de actualidade e aos métodos utilizados para a súa resolución.

Poderán ser beneficiarios destas bolsas os españois, nacionais dun Estado membro da UE e estranxeiros non comunitarios que reúnan os seguintes requisitos no momento da solicitude:

  • Estudantes que teñan completados polo menos o 50% dos créditos ( ECTS) correspondentesao grao.
  • Non finalizar os estudos de licenciatura ou de grao con anterioridade ao curso académico 2016-2017.
  • Acreditar unha nota media de grao ou licenciatura, nunha escala decimal de 0-10 e con 2 decimais, igual ou superior a 8,00 para todas as ramas de coñecemento, excepto para Enxeñería e Arquitectura que será igual ou superior a 7,00.
  • Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Doutor.
  • Non ser beneficiario dunha bolsa de Introdución á Investigación dentro do programa JAE en convocatorias anteriores.
  • Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade formativa que constitúa o obxecto da bolsa.

A dotación das bolsas será de 2.500 euros e o prazo de presentación de solicitudes será do 3 de maio ao 1 de xuño de 2018.

Para máis información, consulte as bases completas da convocatoria e a listaxe de documentación requirida.