Auga termal baixo o chan de A Antela. Xinzo en Común levará unha moción ao pleno para instar á Xunta a continuar as prospeccións

A investigación, que se prolongou durante seis meses, foi comandada polo xeólogo José Ramón Seara Valero. O informe -sufragado por un convenio entre o campus de ciencias de Ourense e a Consellería de Industria- recollía que o acuífero, era con moito, o maior de Galicia e que a súa profundidade oscilaba, segundo as zonas entre os 20 e os 60 metros. A temperatura da auga rolda os 27 graos. A análise realizouse cun equipo de aparellos de prospección xeoeléctrica instalados en diversos puntos da chaira antelana. Continuaba con estudos anteriores que se desenvolveron nos anos 70 e 80, cando se descubriu o acuífero. As analíticas desenvolvidas hai unha década indicaban que a auga era bicarbonatada e sódica e incluía sílice, litio e estroncio.

Ligazón á noticia