Os físicos Luís Romaní e Diego González colaboraron na última película de Mateo Gil

Non é habitual que no cinema fálese sobre ciencia ou que quen se dedica a ela sexan protagonistas das películas. Pero hai excepcións, e cada vez máis. Unha das máis recentes é o traballo do director español Mateo Gil, coñecido tamén por ser guionista en numerosas películas con Alejandro Amenábar. As leis da termodinámica, estreada nos cinemas o pasado mes de abril, é unha comedia con estrutura de documental na que se tenta aplicar os principios desta ciencia -a termodinámica é a parte da física que estuda a acción mecánica da calor e as restantes formas de enerxía- ao romance.

E para rodala co máximo rigor, o director canario necesitaba contar co asesoramento de quen máis saben do tema. Aí é onde entraron dous dos integrantes do Laboratorio de Termofísica do campus de Ourense: Luís Romaní e Diego González.

Ligazón á noticia