Os campus de Lugo e Ourense impartirán un máster sobre drons

Poñerano en marcha o próximo curso e contará con dúas especialidades, unha sobre operacións e outra de sistemas.

A Escola Politécnica Superior de Lugo e a Escola de Enxeñaría Aeronáutica do Espazo do campus de Ourense impartirán un máster interuniversitario en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados. Comezará o próximo curso. Está estruturado en 60 créditos ECTS que se impartirán ao longo dun curso. Constará de 12 materias das que cada alumno deberá cursar 6, cun total de 250 horas presenciais. Haberá 24 prazas dispoñibles.

Máis información