Investigadores da Politécnica de Madrid tratarán de reintroducir o esturión atlántico (o sollo) no Miño

Declarado en perigo crítico de extinción, o esturión europeo ou sollo ( Acipenser sturio) é unha especie que pasa a maior parte da súa vida no mar e remonta os ríos para reproducirse. Para o seu reintroducción, os científicos estudaron as canles principais das concas do Guadalquivir, Guadiana e Miño, que forman parte da distribución orixinal da especie na península. Os investigadores sinalan que, desde un punto de vista técnico, o Miño e o Sil son os que máis vantaxes presentan.

Ligazón á noticia