Indra buscará innovación dixital en sanidade e servizos sociais no Gaiás

A consultora pretende desenvolver aplicacións para o envellecemento activo.

Indra e a Xunta se alían para impulsar a transformación dixital dos servizos sociais e de saúde, con investigacións en materias como envellecemento activo, alimentación saudable ou teleasistencia. Ese é o obxectivo do convenio asinado onte entre a empresa e o Executivo autonómico que permitirá a posta en marcha na Cidade da Cultura do Centro de Excelencia en Tecnoloxías Innovadoras Sociosanitarias ( CETISS).

Doutra banda, en virtude do convenio, Indra colaborará no Plan de Talento Dixital de Galicia para o fomento precoz das vocacións científico-tecnolóxicas.

Ligazón á noticia