PanDrugs selecciona o mellor tratamento farmacolóxico contra o cancro segundo as mutacións do tumor

Miguel Reboiro e Daniel González, investigadores do grupo SING, participaron no seu desenvolvemento.

Unha plataforma bioinformática que prioriza os tratamentos farmacolóxicos contra o cancro de acordo cos datos xenómicos individuais de cada persoa. Deste xeito preséntase PanDrugs, unha ferramenta posta en marcha polo Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas CNIO e en cuxo desenvolvemento participaron os enxeñeiros informáticos da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense Miguel Reboiro e Daniel González, investigadores do grupo SING.

Ligazón á noticia