A mellor árnica prodúcese na provincia de Lugo

A crecente demanda das industrias farmacéutica xera un proxecto na USC de I+D+i

En Lugo é onde se atopa unha das variedades -a outra é a centroeuropea- que presenta unhas calidades antiinflamatorias superiores, ademais dun menor grao de alerxias asociadas. A crecente demanda por parte da industria farmacéutica desta planta levou a dous grupos de investigación da Politécnica a axuntar esforzos para investigar a diversidade xenética deste vexetal, que se atopa en perigo de extinción. O grupo de xenética de Manuel Beira e o de sistemas silvopastorales de Rosa Romeu, co apoio económico da Deputación, que achega 22.000 euros a este estudo, queren ir máis aló do secuenciado de ADN e exponse como obxectivo establecer unha serie de estratexias para o seu aproveitamento sustentable.

As características da que é predominante en Galicia, fronte á centroeuropea, coñécenas as farmacéuticas alemás, que tentaron levar esta variedade ao seu país para tentar reproducila para obter os extractos das súas flores. Non tiveron éxito neste empeño, segundo explicou Manuel Beira.

Un dos obxectivos do estudo xenético é determinar se as capacidades que se lle atribúen á árnica de quimiotipo español, a predominante en Galicia, obedece a compoñentes relacionados co ambiente, ou se a súa base é xenética, co que o cultivo se podería extrapolar a outros territorios.

O convenio contempla poñer a disposición dos agricultores técnicas de cultivo da árnica no marco da agricultura ecolóxica «que sexan viables técnica e economicamente e que sexan sostibles non tempo e non espazo, contribuíndo ao desenvolvemento rural e a fixación dás zonas rurais».

Ligazón á noticia

Máis información