Árnica de Lugo para un xigante farmacéutico, en concreto la multinacional Bayer

Champivil iniciou a campaña de recollida dunha planta da que o ano pasado vendeu 1.500 quilos

Bayer utilízaa para a elaboración de cremas e antiinflamatorios e selecciona a materia prima que lle fornece a compañía chairega pola súa calidade.

As industrias están a pagar o quilo de árnica a 5 euros o quilo. Para conseguir reunir un mil gramos de flores hai que dedicar bastante tempo, entre outras razóns porque é unha planta que está en perigo de extinción. A renovación constante das praderías e o estado no que se atopan a maior parte das ribeiras dos ríos, que é onde se adoita dar a árnica, fai que sexa un produto cada vez máis escaso, a pesar de que a súa demanda aumenta.

Champivil proxecta realizar cultivos experimentais de árnica ecolóxica, do mesmo xeito que fixo coas ortigas. Con todo, recoñecen que non é fácil o conseguir plantacións desta especie que crece silvestre. «É complicado e laborioso en moitos casos inténtano pero non conséguese».

Ligazón á noticia