Investigadores do Campus de Ourense participan na primeira acción Marie Curie ITN que lidera a Universidade de Vigo

Edify formará durante 48 meses catro estudantes de doutoramento que pasarán o 40% da súa formación na Universidade de Vigo e un 60% no resto de empresas da rede. Dado o perfil multidisciplinar dos investigadores que van ser contratados neste proxecto, recibirán formación básica e complementaria en física do estado sólido, química, procesos de automatización, comunicacións ópticas…” detalla Fran Díaz, ao que se suman os catedráticos do Laboratorio de Óptica e do grupo COM da Universidade de Vigo, Humberto Michinel e Francisco Javier Frade Peláez, respectivamente.

Ademais de ser a primeira acción Marie Curie ITN que a Universidade de Vigo coordina ao amparo do programa H2020, tamén é a primeira que se lle concede á institución académica viguesa na modalidade de doutoramento industrial. “Neste caso a Universidade de Vigo capacitará a estudantes de doutoramento en tecnoloxías fotónicas integradas co seu socio SMART Photonics, fábrica líder europea en circuítos fotónicos integrados de fosfuro de indio”

Ligazón á noticia