O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) recupera un tubérculo negro galego que ten séculos de antigüidade

A pataca do polbo ou fina negra, unha variedade de tubérculo instalada en Galicia desde hai séculos e que permanece desde hai anos practicamente no esquecemento, está a ser recuperada polo Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida ( IXP). Os técnicos do organismo están a verificar a adaptación deste tubérculo ao terreo limiano e o seu posible rendemento.

Nestes momentos, a Comisión Europea estuda os datos adicionais remitidos polo Consello para a aprobación dos novos estatutos da IXP. A norma permitirá ampliar ás variedades agre e fina de Carballo á pataca galega «de calidade». A outra modificación substancial do regulamento é que a IXP englobará a todo o territorio galego e non recollerá que varias subzonas, como agora, poidan producir o mellor tubérculo galego.

Ligazón á noticia