Premio para un videoxogo creado en Ourense para tratar enfermos mentais

Recoñecer as intencións dos demais con só ver as súas caras, saber se están enfadados ou contentos, ou que esperan de nós son só algúns dos obxectivos de E- Motional Training. Trátase dun programa en liña, un software con exercicios para a recuperación cognitivo-emocional enfocado a pacientes con problemas derivados de enfermidades mentais como esquizofrenia ou autismo. Detrás deste proxecto que se presenta como un videoxogo, e que naceu de forma experimental fai oito anos, atópase o equipo de profesionais de Saúde Mental do CHUO e hoxe desenvólvese en máis de trinta hospitais españois.

Ligazón á noticia