Como converter un residuo nunha fonte de riqueza. Nova patente da UVigo coa empresa Queizuar.

O soro lácteo contén principalmente proteínas e lactosa. As patentes desenvolvidas por Queizúar, unha en colaboración coa Universidade de Vigo, a outra coa da Coruña, conseguen reconverter eses elementos, que fan do soro un residuo de difícil xestión ambiental, en novas materias primas. Por unha banda, explica Natalia, atopouse o camiño para converter as proteínas «en péptidos bioactivos capaces de baixar a tensión arterial». Polo outro, á lactosa atopóuselle unha nova vida como fonte de bioetanol. O soro do leite, pois, podería converterse nunha alternativa á produción deste combustible a partir de materiais agrícolas como o millo.

Ligazón á noticia