Un estudo amosa altos niveis de cobre nos viñedos do noroeste da Península

A presenza do metal, que non é daniña para a planta nin para os consumidores, procede do uso de funxicidas para protexer os cultivos.

As zonas vitivinícolas do noroeste da Península Ibérica caracterízanse pola súa alta pluviosidade e elevada humidade ambiental durante o ciclo da vide, o que levou a un uso histórico de elevadas cantidades de funxicidas de base de cobre para protexer as colleitas. Unha publicación de investigadores da Facultade de Ciencias do campus de Ourense ofrece agora unha descrición pormenorizada da presenza de cobre nos solos dedicados ao cultivo da vide neste territorio, subliñando como a pesar dos altos índices atopados estes non supoñen problemas para o desenvolvemento das vides ou para a calidade dos viños.

Ligazón á noticia