Óptica para obter chans ultraplanos

O Laboratorio de Óptica da Universidade de Vigo colabora coa empresa Prosistemas para desenvolver pavimentos mediante a tecnoloxía fotónica

O Laboratorio de Óptica da Universidade de Vigo colaborará coa empresa Prosistemas, especializada en chans e pavimentos industriais, comerciais, deportivos e decorativos, no desenvolvemento de diferentes iniciativas relacionadas coa aplicabilidade da tecnoloxía fotónica a solos ultraplanos. O catedrático de Óptica Humberto Michinel lidera desde o campus de Ourense esta colaboración.
O catedrático da UVigo Humberto Michinel.