SALUVINO – Grupo operativo para a substitución de sulfuroso en viños por compostos fenólicos de fontes alternativas

SALUVINO é un grupo operativo supraautonómico que abarca as rexións de Galicia, Castela-León e A Rioxa e que ten como obxectivo a produción de viños de calidade que cumpran as esixencias do mercado demandante de produtos saudables, limitando a presenza de aditivos químicos. Neste proxecto exponse a extracción de compostos fenólicos con propiedades antioxidantes e antimicrobianas como sustitutivos ou complementarios do anhídrido sulfuroso.

SALUVINO está coordinado pola empresa Adega Matarromera S. L. e nel participan a Sociedade Cooperativa Vitivinícola Arousá S. C. G. (Adega Paco&Lola), Bagazos e Licores Augavella S. L. e a Fundación Empresa-Universidade Galega ( FEUGA). Conta ademais co apoio do Grupo de Biotecnoloxía Industrial e Enxeñería Ambiental ( BiotecnIA) da Universidade de Vigo, que actúa como membro colaborador.

Máis información – Tríptico do grupo operativo