VALRESOLEICA – Grupo operativo supraautonómico para a valorización de residuos da industria oleica

VALRESOLEICA é un grupo operativo supraautonómico que abarca as rexións de Galicia e Andalucía e que ten como obxectivo a valorización de residuos, para convertelos nunha fonte de riqueza á vez que se diminúe o seu impacto ambiental.

VALRESOLEICA está coordinado pola Fundación Empresa-Universidade Galega ( FEUGA) e nel participan a Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia ( APAG), a empresa Casarío da Lomba S. L. e a Universidade de Xaén. Conta ademais co apoio do Grupo de Biotecnoloxía Industrial e Enxeñería Ambiental (BiotecnIA) da Universidade de Vigo, que actúa como membro colaborador.

Máis información – Tríptico do grupo operativo