A investigación de excelencia feita no campus abre as portas do laboratorio. Os grupos ourensáns integrados no CINBIO da UVigo presentaron proxectos relacionados coa bioinformática e os produtos bioactivos

Os dous grupos ourensáns integrados no Centro de Investigacións Biomédicas da UVigo presentaron proxectos relacionados coa bioinformática e os produtos bioactivos.

O edificio Politécnico de Ourense abriu as súas portas en sábado para recibir a sesenta persoas alleas á comunidade universitaria interesadas en coñecer a investigación de excelencia que se realiza portas dentro do campus universitario. Desde a obtención de produtos para a industria alimentaria e farmacéutica a partir de biomasa de orixe vexetal ou mariña ao desenvolvemento da intelixencia artificial con aplicacións no ámbito sanitario. Os participantes, moitos deles nenos, tiveron a oportunidade de achegarse un pouco máis ao traballo científico que se realiza na súa propia cidade e os investigadores puideron mostrar que as súas horas de laboratorio teñen aplicación na vida real.

Máis información