Centro de Cálculo

CCalculo

Descripción

O novo centro de cálculo instalado no CITI conta con tres grupos de equipos (7 servidores), e cun propósito de uso distinto:
  • ▸ Un grupo de 4 servidores para cálculo en GPU's, que inclúen 16 tarxetas Nvidia Kepler K40 (4 por servidor) e 1 TB de RAM (256 GB por servidor). Este tipo de cluster pensouse para traballos con enfoque en simulación de fluídos ou partículas, cálculos atmosféricos, vehículos intelixentes, sistemas ADAS, etc.
  • ▸ Un servidor Haswell 72c para o manexo de grandes arquivos. O equipo conta con 1 TB de RAM, 72 núcleos de procesamento (576 fíos) e 86,4 TB para almacenamento en cabinas SAN. Os traballos obxectivo deste tipo de servidor céntranse en xenómica, proteómica ou minería de texto.
  • ▸ Dous servidores destinados a virtualización e almacenamento:
    • ▹ Un primeiro, con 4 procesadores E5-4600 (40c), 512 GB de RAM e 6 discos SAS de 3 TB (18 TB). Este servidor pensouse para a virtualización de sistemas operativos tipo Windows ou Linux en base a un hardware previamente especificado polo usuario.
    • ▹ Un segundo con 2 procesadores Xeon E5v2, 128 GB de RAM e 12 discos SAS de 3 TB cada un (36 TB). Este servidor está enfocado a servizos e almacenamento de datos como por exemplo: almacenamento na nube, backups, discos externos, etc.

Documentación

Dende aquí pode descargar documentación e formularios relacionados co Centro de Cálculo:

Financiación

O proxecto "Servidor De Cálculo Científico De Altas Prestacións", UNVI13-1E-2743, vinculado á convocatoria de axudas do 2013 a infraestruturas e equipamento científico-técnico (Subprograma estatal de infraestruturas científicas e técnicas e equipamento), cofinanciado polo Ministerio de Economía e Competitividade e con fondos FEDER a un 80%; ten como obxectivo crear un centro de cálculo de prestacións intermedias, situándoo entre os grandes centros de supercomputación e aqueles que sexan propiedade de empresas ou grupos de investigación. Con todo, tamén axuntará as vantaxes de ambos os modelos de computación:
  • ▸ Potencia de cálculo, tanto de CPU como GPU, e centralización asociada ao mantemento de equipos; extrapolada dos grandes centros de supercomputación aínda que a unha menor escala.
  • ▸ Mellora na xestión de usuarios, tanto acceso lóxico como físico aos equipos, podendo ademais almacenar grandes cantidades de datos nos servidores de forma permanente.

A maiores, o proxecto contempla a inclusión dunha unidade de virtualización, que permitirá aprovisionar máquinas lóxicas en función das necesidades de cada usuario, unha xestión e acceso sinxelas, e podéndose reestruturar en caso de necesidade.
LogosMINECO2