Laboratorio Complementario

CITI_LaboratorioComplementario
O CITI pon a disposición de empresas, centros tecnolóxicos ou grupos de investigación un laboratorio complementario para o desenvolvemento de actividades científico-técnicas. A instalación de 100 m2 está dotada de mobiliario de laboratorio e zona de despacho, subministración de gases, electricidade, climatización e rede de voz e datos. Información dispoñible acerca das normas de uso e as tarifas nas seguintes ligazóns:

Espazos de Oficinas

CITI_EspaciosOficinas
O CITI pon tamén a disposición de empresas, centros tecnolóxicos ou grupos de investigación dous espazos de oficinas para o desenvolvemento de actividades científico-técnicas. As instalacións, de 60 m2 cada unha, están dotadas de mobiliario, subministración de electricidade, climatización e rede de voz e datos. Información dispoñible acerca das tarifas na seguinte ligazón: