Luns, 22 Maio 2017

Biotecnoloxía Industrial e Enxeñería Ambiental (BiotecnIA)

CabeceraBiotecnologíaAgroalimentaria
Responsable: Dr. José Manuel Domínguez González.
Email: jmanuel@uvigo.es.
Teléfono: 988 387 416.

O grupo de Biotecnoloxía Industrial e Enxeñería Ambiental (BiotecnIA) leva a cabo nas súas instalacións do CITI as seguintes actividades:
  • ▸ Revalorización e utilización de residuos agroforestais e industriais, particularmente residuos vitivinícolas.
  • ▸ Desenvolvemento de novos procesos biotecnolóxicos e biorreactores para a elaboración de aditivos alimentarios.
  • ▸ Caracterización aromática e sensorial de viños, destilados e licores tradicionais de Galicia. Identificación dos compostos “clave” do aroma.
  • ▸ Elaboración de licores de café, herbas, froitas e novos produtos amparables polas distintas denominacións de orixe de Galicia.