Venres, 5 Maio 2017

Liña de Extracción, Separación e Purificación

CabeceraLinea2
A liña de extracción, separación e purificación permite a separación de produtos tanto por centrifugación como por filtración. Ademais complétase cunha planta de extracción supercrítica, un disruptor celular e equipos de cromatografía. Fórmana os seguintes equipos:

EQUIPO DE EXTRACCIÓN SUPERCRÍTICA

Modelo: SFE-1000.
Fabricante: Thar.

O equipo permite a extracción de compostos a partir de mostras tanto líquidas como sólidas utilizando como disolvente dióxido de carbono en estado supercrítico. O sistema consta ademáis dunha bomba para cosolvente e dous separadores con control manual de presión. O sistema está controlado a través do software provisto por Thar Technologies.
  • ▸ Presión máxima de extracción: 600 bar.
  • ▸ Temperatura de operación: ata 150ºC.
  • ▸ Fluxo de CO2: 20-200 g/min.
  • ▸ Fuxo máximo de cosolvente: 10 mL/min.
  • ▸ Volume extractor de mostras sólidas: 1 L.
  • ▸ Columna para mostras líquidas.
  • ▸ Volume separadores: 500 mL.
Linea2ExtraccionSupercritica

CLARIFICADORA CENTRÍFUGA

Modelo: Clara 20.
Fabricante: Alfa laval.

O modelo de centrífuga Clara 20 permite a clarificación de líquidos que conteñan sólidos en suspensión.
  • ▸ Velocidade máxima rotor: 9.000 rpm.
  • ▸ Fluxo alimentación: 4 m3/h.
  • ▸ Densidade máxima de alimentación/sedimentos: 1.100/1.499 kg/m3.
Linea2ClarificadoraCentrifuga

EQUIPO DE FILTRACIÓN CON MEMBRANAS

Modelo: LabStak M20.
Fabricante: Alfa laval.

Unidade de filtración de placa e marco que permite levar a cabo a separación con membranas en procesos de microfiltración, ultrafiltración, nanofiltración e osmose inversa.
  • ▸ Presión máxima: 64 bar.
  • ▸ Temperatura máxima: 60ºC.
  • ▸ Fluxo alimentación: 5-24 L/min.
  • ▸ Área de filtración máxima: 0,72 m2.
  • ▸ Dispón de membranas de MF, UF, NF e OI.
Linea2FiltracionMembranas

FPLC

Modelo: Äkta Pilot.
Fabricante: Ge Healthcare.

Equipo piloto de separación cromatográfica que permite purificar dende miligramos ata unha decena de gramos de produto por ciclo. É un sistema adecuado para o escalado de procesos e produción.
  • ▸ Fluxo isocrático: 4 a 400 ml/min (con gradiente ata 800 ml/min).
  • ▸ Presión: ata 20 bar.
Linea2FPLC

DISRUPTOR CELULAR

Modelo: TS Series.
Fabricante: Constant System.

Permite a rotura mecánica de células permitindo a liberación de componentes intracelulares sen a utilización de produtos químicos.
  • ▸ Presión máxima de traballo: 2,72 kbar.
  • ▸ Fluxo máximo: 40 mL/min.
Linea2DisruptorCelular

ULTRACENTRÍFUGA

Modelo: Optima L-100 XP.
Fabricante: Beckmann Coulter.

Ultracentrífuga capaz de xerar 802.400 xg a unha velocidade máxima de 100.000 rpm permitindo a separación dunha gran diversidade de mostras.
  • ▸ Rotores dispoñibles: 90 Ti, 70 Ti, SW 55Ti.
  • ▸ Velocidade máxima: 100.000 rpm (depende do rotor utilizado).
  • ▸ Forza-g máxima: 802.400 xg (depende do rotor utilizado).
  • ▸ Temperatura: 0-40ºC.
Linea2Ultracentrifuga

HPLC

Modelo: 1200 Series.
Fabricante: Agilent.

Cromatografía líquida de alta eficacia que permite a identificación e cuantificación dos componentes dunha mostra. O equipo conta con detectores DAD e RID.
  • ▸ Fluxo: 0,2-10 mL/min.
  • ▸ Presión máxima: 40 MPa (ata 5 mL/min).
  • ▸ Detectores RID e DAD.
  • ▸ Volume inxección: 0,1-100 µL.
Linea2HPLC