Venres, 5 Maio 2017

Liña de Hixienización e Conservación de Alimentos

CabeceraLinea4
A liña de hixienización e conservación de alimentos permite a hixienización e conservación de alimentos mediante a aplicación de presión, eliminando os principais microorganismos patóxenos sen alterar as propiedades organolépticas do alimento. Fórmana os seguintes equipos:

EQUIPO DE ALTAS PRESIÓNS HIDROSTÁTICAS

Modelo: S-FL-085-09-W.
Fabricante: Stansted Fluid Power Ltd.

O equipo permite, por medio da aplicación de altas presións a un alimento, eliminar os principais microorganismos patóxenos sen alterar as propiedades organolépticas do mesmo.
  • ▸ Volume de traballo: aproximadamente 322 mL.
  • ▸ Presión máxima: 900 MPa.
  • ▸ Pode traballar nun intervalo de temperaturas de -20 a 90ºC.
  • ▸ Líquido de presurización: Etilenglicol (30%).
Linea4AltasPresionesHidrostaticas